28 de out. de 2011

HUBERT GIVENCHY CONDECORADO COA ORDE DAS ARTES E AS LETRAS

 
 
O Consello de Ministros, a proposta da ministra de Cultura, Anxos Gozález-Sinde, concedeu a Orde das Artes e as Letras de España a Hubert Taffin de Givenchy, en "recoñecemento á súa traxectoria no deseño de moda, cun talento incomparable, que o converten nunha icona que permanece inalterable ao paso do tempo. E polo seu infatigable labor de difusión da figura e a obra do mestre Cristóbal Balenciaga, que segue inspirando e alentando o traballo dos creadores de moda en España".
Nacido en Beavais (Francia) en 1927, Hubert Taffin de Givenchy estudou na Escola de Belas Artes de París e empezou na moda nas casas de Lucien Lelong, Piguet, Jacques Fath e Elsa Schiaparelli ata que abriu a súa propia firma co apoio do español Cristóbal Balenciaga.
A admiración de Givenchy pola figura de Cristóbal Balenciaga impulsou o proxecto de construción dun museo dedicado á obra do xenial modisto vasco e a constitución da Fundación Cristóbal Balenciaga, da que é presidente fundador. O seu compromiso co museo levoulle a doar a súa colección particular de 'balenciagas' á entidade. Así mesmo, o seu apoio foi fundamental para a reorientación da Fundación, da que hoxe forman parte todas as Administracións involucradas na posta en marcha en Getaria do Museo Cristóbal Balenciaga.

24 de out. de 2011

X BIENAL DE CERÁMICA ARTÍSTICA DE AVEIRO (PORTUGAL)

 
 
Ata o 13 de novembro Aveiro é o centro de arte cerámico. En diferentes lugares da cidade móstranse as pezas de cerámica artística presentadas ao premio da Bienal (en total 69 obras de 13 países), ademais de obras de anteriores edicións e outros traballos en cerámica.

Nesta edición, o primeiro premio foi para o español Rafael Pérez Fernández, coa obra Almendora. O segundo para o portugués Paulo Reis, co bico II e o terceiro para a española Mar García Díaz, con Paisaxe Urbana I.

Como actividades paralelas á bienal, ademais de diversas exposicións, organízanse talleres, concertos, e o IV Congreso Luso-Español de Cerámica e Vidro , do 16 ao 18 de novembro.

IX EDICION DO FESTIVAL DE CINE EUROÁRABE AMAL


O Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal celebra este ano a súa novena edición do 24 ao 29 de Outubro de 2011 en Santiago de Compostela con 36 filmes en Sección Oficial.
Amal_experimental é unha aposta novidosa do Festival, que presenta oito curtametraxes euroárabes independentes cun claro carácter experimental en colaboración con cinco museos de arte contemporánea galegos: CGAC (Santiago de Compostela), MARCO (Vigo), MACUF (A Coruña), Museo Provincial (Lugo) e Centro Cultural Deputación Ourense Edificio Simeón (Ourense).
Amal 2011 espera deste xeito contribuír ao enriquecemento do panorama cultural en Galicia, fomentando a interculturalidade e a innovación en beneficio de toda a sociedade.

PROGRAMA: “A Film”, Hisham Bizri (O Líbano); “Dru”, Jihane Chouaib (Francia); “Dot”, Eid Abdel Latif (Exipto); “Missing”, Tariq Rimawi (Xordania / Reino Unido); “The last passenger”, Mounes Khammar (Alxeria); “Al Massilah”, Peter Webber (Qatar); “Exit”, Mohanad Yaqubi (Palestina / Francia) e “The Power of generations”, Mohammed Jassim (Bahrein).

O DÍA 24 DE OUTUBRO "DÍA DA BIBLIOTECA"


O Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, patrocina a celebración de Día da Biblioteca.
O día 24 de outubro vén celebrando o día da Biblioteca, iniciativa que xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil no ano 1997 e que este ano celébrase en colaboración co Goberno Vasco.
Coa celebración deste día preténdese difundir a existencia dun servizo público de proximidade ao cidadán que contribúe de xeito eficaz a facilitar o acceso ao coñecemento a todos os cidadáns.

OBXECTIVOS
  • Dar a coñecer á poboación a existencia das distintas bibliotecas públicas, escolares e hospitalarias, e informar sobre os recursos existentes e as súas diferentes posibilidades de uso.
  • Conseguir que os medios de comunicación divulguen a función que realizan as bibliotecas, as súas actividades e a súa colaboración con outros sectores tanto públicos como privados.
  • Render unha homenaxe a todos as bibliotecarias e bibliotecarios do país, en recoñecemento do seu esforzo, dedicación e motivación á lectura.
  • Fomentar actividades de creatividade, información, coñecemento e promoción da lectura.
  • Impulsar proxectos nas bibliotecas para que estas sexan centros de aprendizaxe permanente, coa axuda do existente e as novas tecnoloxías.
  • Orientar e apoiar especialmente aos servizos bibliotecarios que traballan con nenos e nenas divulgando a variedade e calidade dos libros que axudan a tomar decisións persoais á hora de ler.
  • Asesorar a pais e nais e a mediadores/as na difícil tarefa de seleccionar libros infantís e xuvenís de calidade.
  • Ofrecer, de igual forma, a ilustración dos libros que achega unha aprendizaxe de lectura de imaxe, diferente do da narrativa e que, ás veces, é tan interesante ou máis que o propio texto narrativo.
  • Estimular desde as institucións bibliotecarias a narración oral, como punto de partida para unha posterior lectura persoal.
  • Contribuír á renovación de fondos bibliográficos de literatura infantil e xuvenil dalgunhas institucións, mediante a doazón de fondos existentes na Asociación achegados por distintas editoriais.
Este ano os actos de celebración culminarán coa presentación do cartel por parte da súa ilustradora, Elena Odriozola e a lectura do pregón polo seu autor Patxi Zubizarreta.

EXPOSICIÓN COLECTIVA "YOU ARE NOT ALONE" NO MARCO


A exposición colectiva YOU ARE NOT ALONE reúne un total de 35 obras de 18 artistas contemporáneos de todo o mundo, cunha mirada innovadora sobre a causa, as consecuencias e o contexto actual do VIH/sida, así como sobre as formas para combatelo. A Fundación ArtAids produciu obras especificamente pensadas para a exposición, de artistas internacionalmente recoñecidos e que non abordan a temática da sida de modo habitual. Estas obras preséntanse xunto a unha selección de pezas recentemente incorporadas á colección ArtAids.

 

DATAS 
21 outubro 2011 – 22 xaneiro 2012

LUGAR  
Salas de exposición da planta baixa

HORARIO
martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00  
domingos, de 11.00 a 15.00

 

21 de out. de 2011

"PROXECTO VISIBILIDADE" NA UNIVERSIDADE DE VIGO


A Universidade de Vigo apoia un proxecto para visibilizar a obra de mulleres artistas. Trátase dun proxecto destinado a apoiar ás mulleres que desexan comezar a súa andaina no campo da arte; facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional, buscando redes de difusión, promovendo e dando visibilidade aos seus traballos. A iniciativa, con forma de exposición, inaugúrase hoxe ás 12.30 horas na área comercial do Campus de Vigo, onde se exhibirán reproducións de obras de seis autoras nas cristaleiras dos locais reproducidas en lonas. Nesta primeira edición participan 26 artistas formadas na Universidade de Vigo: Aída Donoso, Alejandra Tomé , Ana Ferrer, Andrea Outeiral, Ángeles Díaz Seoane, Carla Vijande, Carlota Salgado, Clara Baltasar Afonso, Cristina Ramírez, Gema López, Lara Acevedo Cal, Laura Rodríguez Cochón, Lucía Graña Álvarez, Margarita Araújo Fervenza, María Arias Rei, María Branco da Cruz , Marta Bran, Marta Fortes, Sabela Camiña Castro, Sandra Martínez Iglesias , Sara Donoso, Sara Goberna Crespo, Sheila Pazos, Úrsula Pequeno, Verónica Leis e Victoria Couso. O proxecto esténdese aos tres campus da Universidade de Vigo, xa que en cada un deles instalaranse nos vestíbulos expositores con postais que reproducen os traballos das outras 20 artistas e que se poden levar gratis.

20 de out. de 2011

CULTURGAL, A FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Os próximos días 2, 3 e 4 de decembro celebrarase en Pontevedra Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. A publicación galega de tendencias Disquecool coordina Off Culturgal, unha noite de presentacións en formato PechaKucha que se celebrará o xoves 1 de decembro en Pontevedra, como anticipo da cuarta edición da Feira das Industrias Culturais. Para participar, só tés que enviar unha breve descrición da túa idea inspiradora e 5 das 20 imaxes que empregarás para presentarala a lucia@disquecool.com antes do 27 de outubro. O obxectivo é atopar novos creadores, novas ideas e propostas do ámbito cultural galego.

19 de out. de 2011

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA. DOAZÓN DA BIBLIOTECA DE FRANCISCO MANTECÓN



Últimos días para visitar no MARCO a exposición bibliográfica: Doazón da Biblioteca de Francisco Mantecón. Para esta exposición bibliográfica, na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO realizouse unha coidada selección dos fondos máis destacados da biblioteca de Francisco Mantecón, que inclúen catálogos de Bienais xa descatalogados, libros sobre teoría social da arte, e publicacións específicas sobre deseño gráfico. Despois do labor de catalogación e arquivo, todos os fondos que conforman esta biblioteca están a disposición dos usuarios na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO.
Francisco Mantecón Rodríguez (Vigo, 1948-2001) é un referente indiscutible no mundo da plástica e o deseño gráfico en Galicia. A súa traxectoria como artista inclúe numerosas exposicións individuais e colectivas, desenvolvendo unha intensa actividade docente e creativa. Formou parte do grupo "Atlántica" dende os seus inicios, e doutros movementos vangardistas. Cada ano, as bodegas Terras Gauda convocan o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario que leva o seu nome, ao que acuden artistas de todo o mundo.

  • Lugar: Marco. Museo de Arte Contemporánea
  • Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00.
  • Datas: Ata ó 21/10/2011

III CERTAME DE PINTURA RÁPIDA OTOÑADA VAL DO JERTE


ELENA ASINS, PREMIO NACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS 2011

"Canon 22", escultura de Elena Asins en pedra brasileira

Elena Asins (Madrid, 1940) foi galardoada co Premio Nacional de Artes Plásticas 2011. A suá obra está caracterizada por unha resolución formal, depurada e aberta a un amplo abanico de linguaxes e formatos: poesía concreta, debuxo, libro, escultura ou vídeo, así como a ámbitos próximos á música ou a arquitectura. O emprego da teoría de cálculo e os algoritmos para as súas realizacións artísticas fan de Asins unha das pioneiras da arte asistida por computador en España.

18 de out. de 2011

TALLER DE GRAVADO. TÉCNICAS ADITIVAS


Impartido por  Isabel Pintado do 4 ao 25 de novembro de 2011, os venres de 17.00 a 20.30 horas.

PREZO DO TALLER
O prezo do taller matricula incluída será de 100 euros e abonarase por anticipado

INSCRICIÓN E PAGO
Débese encher a folla de inscrición e entregar no momento de efectuar o pago en efectivo na recepción do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, en horario de apertura ao público e antes do 02 de novembro de 2011

PRAZAS LIMITADAS (máximo 15 alumnos)

Información xeral
Folla de inscrición

II EDICIÓN DO CICLO TRENDS & CREATIVITY


Arranca a II edición do programa Trends&Creativity: 20 expertos e 1 obradoiro práctico durante os meses de outubro e novembro. Toda persoa interesada en desenvolver unha actitude creativa e ampliar os seus coñecementos sobre as novas tendencias en internet e novas tecnoloxías poderá inscribirse gratuitamente.
Os días 20, 27 de outubro e 4 de novembro de 2011.
De 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia)

17 de out. de 2011

CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DE OBRADOIROS AVAM


Convocatoria para a solicitude de obradoiros AVAM (Artistas Visuais Asociados de Madrid) destinados á produción artística 2012 - 2013. Prazo de presentación de solicitudes desde o 17 de outubro ata o 18 de novembro de 2011. O obxectivo da presente convocatoria é facilitar o acceso aos creadores a espazos de traballo na cidade de Madrid, para o desenvolvemento da súa actividade profesional en condicións accesibles, atendendo así á demanda do sector.

14 de out. de 2011

LAND ART NO MONTE GALLEIRO

Obra de Carlos Graña

Carlos Graña, antigo alumno de Talla en madeira, invitanos a visitar o seu blog "Arte no meu entorno" e ver as súas creacións no entorno do Monte Galleiro, seguindo a tendencia do Land art que utiliza o marco e os materiais da natureza (madeira, terra, pedra, area, rocas, fogo, auga etc.) aparece neste caso como un híbrido entre a escultura e a arquitectura da paisaxe.

FESTIVAL FOLCLÓRICO ANIVERSARIO DA CREACIÓN DE "SEMENTE NOVA"


 
Informámosvos de que este sábado día 15 de outubro de 2011, as 17:00 horas , o Multiusos de Chapela acolle unha actividade dirixida a todos os públicos:

  • Festival Folclórico Aniversario da creación do Grupo de Pandereteiras "SEMENTE NOVA" da Asociación Cultural e Social de Chapela, co as siguintes actuacions:
  • Pandereteiras "A CRUS DO MALLEIRO" da Asociación Cultural "O Pexegueiro" de Tui.
  • Asociación Folclórica "ANAQUIÑOS" de Chapela-Redondela; e
  • Grupo de Pandereteiras "SEMENTE NOVA" da Asociación Cultural e Social de Chapela

13 de out. de 2011

CHARLAS SOBRE ARQUITECTURA ORGANIZADAS POLO COLECTIVO MOA

Para máis información fai click aquí

MOA colectivo tén o prazer de invitarnos a asistir ó ciclo de charlas sobre arquitectura que terá lugar os días 14 e 15 de Outubro no Casino de Viveiro.

11 de out. de 2011

CURSO DE "CONSTRUCIÓN / DECORACIÓN CON PORCELANA - PAPEL"

"Turned" Anima Roos

A Agrupación de Ceramistas de Asturias organiza un curso de "Construción/Decoración con porcelana-papel", do 18 ao 21 de outubro en Castrillón (Asturias), o prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O curso sera impartido pola ceramista Anima Roos.

8 de out. de 2011

EXPODELIO


A exposición de Delio Rodriguez é unha mostra de ilustracións, gravados, cuadros e posters que se poderá visitar durante todo o mes de outubre.

EXPOSICIÓN "ENTRE FORMAS E INTENCIÓNS"


Inauguración da exposición “ENTRE FORMAS E INTENCIÓNS”, que conxuntamente van realizar as artistas María Xosé Canda e María Casal, do 7 ao 29 de outubro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas.

7 de out. de 2011

"A SOMBRA DO ARLEQUÍN" EXPOSICIÓN DE ANTÓN GOYANES



"A sombra do arlequín" é o título da mostra que Antón Goyanes (Monforte de Lemos, 1934) inaugurou onte na Sala de Exposicións I do Centro Social Novacaixagalicia en Vigo. Un total de 33 obras, nas que empregou o acrílico sobre tea, compón esta exposición, que poderá visitarse ata o próximo 6 de novembro, e é a primeira que realiza en Vigo logo de fai tres anos.

6 de out. de 2011

DEFENDEMOS O DEREITO A VIVIR EN PAZ



Hai uns días a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos celebrou un acto concienciador diante do Museo Marco, un evento que busca sensibilizar á sociedade sobre unha realidade que cada día cóbrase máis vítimas. Neste acto tivo unha actuación sobresaliente a nosa profesora de pintura Paula Mariño que leu un comunicado.
Comunicado.

5 de out. de 2011

ALUMNADO DE PINTURA DA EMAO NA VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO

Os alumnos escoitando as explicacións antes de comezar o obradoiro


Organizado polo Ateneo Vila de Bouzas, un grupo do alumnado de pintura participa, no día 1 de outubro nunha saída a Campo Lameiro.

O PARQUE ARQUEOLÓXICO da ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO alberga un importante conxunto de arte rupestre ao aire libre de Europa, pensado como un espazo de coñecemento e participación así como de experimentación, polo que dentro das actividades que ofrécense ao visitante, asemade da visita guiada polos petroglifos, hai diversos obradoiros, ben interesantes como rexistros, fabricación de xoias ou cerámica, entre outros.

O Museo, de magníficas instalacións, aproxima ao visitante ós pretroglifos, eses maravillosos debuxos en pedra, e ao tempo nos que se fixeron, na Idade de Bronce, ofrecendo unha visión xeral deste patrimonio rupestre e posto tamén en relación con outros conxuntos patrimoniais galegos e do resto de Europa.

O espazo expositivo do museo, exténdese fóra, nunha extraordinaria paisaxe cultural, de case 22 hectáreas, onde pode facerse o percorrido por as 10 estacións de petroglifos, e que conta con dous itinerarios, un principal e outro secundario, percorrendo a Laxe da Forneiriña, a Laxe dos Carballos, o Outeiro das Ventaniñas e a Fonte da Pena Furada, entre outros, dentro dun contexto ambiental, que llles dá sentido. Entre as actividades realizadas, quizais a máis emocionante foi ver como un especialista en arqueoloxía, tras unha aposta cunha alumna, fixo para nós lume, seguindo o método dos homes da Idade de Bronce, primeiro cun pao, e logo con dúas pedras, todo un luxo.
(Texto de Paula Mariño, mestra de pintura da Emao)


O grupo escoitando as explicacións do guía sobre a Laxe dos Carballos
A Laxe dos Carballos
Facendo os rexistros
A mestra Paula Mariño realizando un rexistro
Facendo lume con dúas pedras

"AS MIÑAS MULLERES, MISTERIO E BELEZA" EXPOSICIÓN DE MARÍA LUISA COBIÁN NA ESTRADA

María Luisa Cobián, alumna de pintura da Emao

Un grupo de alumnos de pintura, realizou unha visita guiada a exposición de María Luisa Cobián, no mes de xullo, visitando asimesmo unha das moitas igrexas románicas existentes na bisbarra e o Pazo de Oca.  
María Luisa Cobián, baixo o título de "As miñas mulleres, misterio e beleza"  presenta unha mostra de obras de cerámica e pintura, realizadas na aula da EMAO, de técnica mixta na que pódese ver en algunas, unha clara influencia cubista. Esta influencia, que vese tamén nas esculturas, ten como referencia principal a Pablo Picasso, que marca unha importante influencia na súa obra.  
Esculturas, de bulto redondo nun primeiro momento, nas que logo vai depurando a linguaxe ata converterse en delgadas planchas, furadas ou curvas dun minimalismo moi potente na súa poética.  
A mostra, moi interesante desde o punto de vista da plástica, por conter tanto escultura como pintura, e foi comentada pola propia artista, explicando de xeito detallado cada obra e o seu proceso de modelado e cocción. 
(Texto de Paula Mariño, mestra de pintura)

Parte dos alumnos que visitaron a mostra

ESCULTURA I

ESCULTURA II

ESCULTURA III

EXPOSICIÓN GRÁFICA DE NELSON VILLALOBOS


Nelson Villalobos, o noso mestre de serigrafía, expoñerá as súas obras gráficas do Fondo de obras do obradoiro  Villalobos Serigrafía Artística, desde o vindeiro 7 de outubro ata o 5 de novembro no local Detrás do Marco , na rúa Londres s/n.
Estes son algúns dos artistas seleccionados dos que estarán expostas algunhas das súas obras: Leopoldo Nóvoa, Antón Goyanes, Lorenzo Macías, Lázaro Enríquez, Antón Pulido, José M.  Barreiro, Nelson Villalobos, etc.

Nelson Villalobos
Ignacio Basallo
Eiravella
José M. Barreiro

LIBER 2011


Inaugurose onte, 4 de outubro, Liber 2011 a Feira Internacional do Libro, que celebra a súa XXIX edición con Romanía como país convidado, desenvolvese non pavillón 6 dá Feira de Madrid (IFEMA) desde hoxe ata ou vindeiro venres 7 de outubro.

4 de out. de 2011

PREMIO GREDOS DE PINTURA 2011


Consultar prazos e bases para concursar no documento adxunto.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES NO MARCO



Un avance das actividades que terán lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, nos próximos meses: exposicións temporais, programa educativo, visitas, cursos de adultos, concertos e festivais, programación audiovisual, Festa 9º aniversario, actividades da Biblioteca-Centro de Documentación e da Agrupación de Amigos do MARCO, entre outros eventos.

OBRA GRÁFICA DE YELLICE



Yellice Rodriguez, antiga alumna de serigrafía artística, está a expoñer ata ou 3 de novembro no Carpe Diem Café. É unha pequena recompilación de gravados e serigrafías feitas nos últimos seis anos. Desde aqui desexamos boa sorte á nosa amiga Yellice.

3 de out. de 2011

BOLETÍN DE CONVOCATORIAS DO MARCO



Consultar o boletín de novidades/convocatorias do mes de outubro do  MARCO.

19ª EDICIÓN DE "ESTAMPA ARTE MÚLTIPLE"


Do 20 ao 23 de outubro de 2011 e de novo no IFEMA terá lugar a 19 edición de Estampa, Salón Internacional de Arte Múltiple Contemporánea. Estampa Arte Múltiple é unha feira de arte contemporánea que centra a súa atención na arte múltiple internacional a través de edicións de fotografía, gravado, escultura, vídeo, arte dixital, libros de artista e de fotografía, arte sonora -discos e  outras manifestacións de arte seriada.