23 de mar. de 2015

Conferencia "Conservación-Restauración de Coiro, o seu Achegamento ó Material e ó Oficio" na Hemeroteca


Como xa sabedes quedan só 5 días para que remate a nosa Exposición "Coiro... aínda que non o pareza" no Espazo EMAO. Con este motivo este mércores, 25 de marzo ás 19:00 h, teremos na nosa Escola unha conferencia impartida por Sonia Seco Lanzós, conservadora- restauradora de bens arqueolóxicos con experiencia en intervención en Coiro e profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Baixo o título: "Conservación- Restauración de Coiro, o seu achegamento ó Material e ó Oficio”, esta mestra nos explicará as diferenzas entre “ reutilización, reparación e rehabilitación” baseandose en algún exemplos reais. Diferencias entre conservación e restauración e metodoloxia de traballo en Conservación – Restauración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario