23/03/2015

Inauguración da Exposición "Álbum da Sagrada Biblia. 230 Gravados de Gustave Doré" na Casa das Artes


Este venres inaugúrase na Casa das Artes de Vigo, a exposición de gravado de Gustavo Doré. Daisy Villalobos envíanos esta apunta sobre a exposición:

A unha idade na que a maioría dos artistas son apenas discípulos, Gustave Doré publicaba a súa primeira ilustración. Con 15 anos este xenial artista iniciaba unha andadura da que aínda hoxe resoan con forza os seus pasos. Doré é un creador admirado e admirable. Excepcional. Un mestre. Un clásico.

Un artista polifacético, na súa esencia romántico, que mergullou a súa man en moitos dos ríos da arte ao compás do curso vital da súa época. Porque Doré foi un home do seu tempo. Pero será como ilustrador onde o seu talento alcanzará a máxima expresión, o esplendor.

Unha das súas obras máis valiosas son os gravados que ilustran A Santa Biblia , cos que emprenderá unha singradura de temática relixiosa. Ilustrada por primeira vez en 1866.

A Santa Biblia componse de dous tomos que suman 230 gravados, cunha enorme carga dramática, ao bordo ata da teatralidad. Estes gravados, que gozan dun gran dominio do espazo e a luz, móstrannos as escenas bíblicas, non sen certa crudeza visual, desde o seu máis íntimo imaxinario persoal. Cunha técnica que alcanzou a máis alta perfección formal no debuxo e nos contrastes ... Esta exposición recolle a colección completa dos gravados dunha segunda edición, publicada en 1881 polo selo milanés Frateli Treves Editori, e supervisada personalmente polo propio mestre francés á idade de 49 anos.
Folleto Exposición Gravado. Pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario