LAXE E ROSENBLATT, GAÑADORES DE PLAY-DOC 2011
|
The D Train |
|
Todos vós sodes capitáns |
Un cineasta galego e outro norteamericano encabezan o palmarés da sétima edición do Festival Internacional de Documentais de Tui, pola que pasaron 5.200 persoas dende o pasado 30 de marzo, segundo datos da organización. Todos vós sodes capitáns, de Oliver Laxe, alzouse onte co premio á mellor longametraxe no Play-Doc, mentres que The D Train, de Jay Rosenblatt, se fixo co galardón na categoría de curtametraxes. O xurado, ademais, decidiu concederlle unha mención especial a The Arbor, de Clio Barnard.
Ningún comentario:
Publicar un comentario