25 de abr. de 2011

PRESENTACIÓN DO ENSAIO: PARIR A LIBERDADE

Martes, 26 de abril ás 19:00 h.

PRESENTACIÓN E CHARLA SOBRE O LIBRO:


"Parir a liberdade: o movemento feminista en Galicia" da xornalista: Elvira Fente.
Amplo e documentado ensaio da xornalista luguesa Elvira Fente onde se percorre o movemento de liberación da muller en Galicia dende 1975 ata a actualidade, e se lle dá voz ás protagonistas. A obra é un ensaio que foi finalista dos Premios da Edición de Galicia 2010. Este libro de investigación foi editado hai seis meses pero esta é a súa primeira presentación ao público. Ademais da autora, intervirán no acto a xornalista Tareixa Navaza e o editor Henrique Alvarellos.
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6-2º andar. Vigo

Data: martes 26 de abril, ás 19:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario