12 de maio de 2011

CONVOCADO O X PREMIO DE POESÍA NOVACAIXAGALICIA 2011


Poderán concorrer ao X Premio de Poesía Novacaixagalicia autores e autoras de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra escrita en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente).
O premio, un e indivisible, está dotado con 12.000 euros, cantidade da que se deducirán os impostos correspondentes.
As obras aspirantes, que deberán acadar unha extensión mínima de 600 versos, han de ser inéditas na súa totalidade e non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos.
O prazo de admisión rematará o 31 de outubro de 2011, quedando excluídos todos os envíos que leven data posterior.
O fallo do X Premio de Poesía Novacaixagalicia farase público, perante os medios de comunicación, en Vigo, no Centro Social Novacaixagalicia, a comezos de decembro de 2011.
Bases do Concurso. pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario