31 de maio de 2011

A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO PRESENTA OS OBRADOIROS MONOGRÁFICOS DE VERÁN 2011


Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán. Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrecer ao alumnado recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como seguridade escénica, creatividade corporal e creación colectiva na escena. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 16 anos.
Aberto o prazo de inscrición para os cursos monográficos de verán 2011 dende o 30 de maio ao 17 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario