"Tesouros privados" é unha mostra da xoiería galega contemporánea que se pode visitar na Estación Marítima de Vigo ata o 30 de maio, está formada por arredor de 200 pezas, dun total de 38 autores, na que se ofrecen as diferentes propostas do sector da xoiería galega, mesturando o tradicional coas apostas máis contemporáneas. A exposición dividese en catro espazos diferentes: un dedicado á alta xoiería, outro á xoiería tradicional, outro ás pezas de deseño contemporáneo e outro ás pezas elaboradas en novos materiais, como é o caso da cerámica, do papel ou do vidro. Esta mostra está organizada pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario