9 de maio de 2011

PRÓXIMA EXPOSICIÓN DE ALBERTO GRANADA: "PINTURAS DE AMOR E ENFERMIDADE"


O vindeiro venres, 13 de maio ás 19, 30 h. tera lugar na Galería de Arte Androx, a inauguración da exposición de Alberto Granada "Pinturas de amor e enfermidade"  unha homenaxe a Lois Pereiro, escritor e poeta monfortino, protagonista este ano do Día das Letras Galegas.
Exposición: 13 de maio ao 15 de xuño
Horario: luns a venres, de 19 a 21 h.


O artista Alberto Granada, comezou a súa traxectoria artística no mundo da banda deseñada e a ilustración, no ano 2007 instálase en Galicia, onde fundará o colectivo de artistas plásticos Grupo Sotano 5, cos seus compañeiros da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas en moitas salas, tendo xa programadas para finais deste ano mostras en Zaragoza e París.

Ningún comentario:

Publicar un comentario