Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) |
O proxecto "Notas de lectura", de Anja Isabel Schneider, foi elixido como proposta gañadora da 4ª edición do premio para novos comisarios (2011), convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d‘art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes.
O xurado tomou a súa decisión tras ter analizado un total de 117 propostas, avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do FRAC Lorraine como espazos expositivos. No tocante á súa procedencia, ademais dos proxectos recibidos dende Galicia (4), España (29), e Francia (26), este ano se presentaron candidaturas de Alemaña (11), Italia (10), Reino Unido (7), EUA (6), Federación Rusa (4), Portugal (2), Canadá (2), Bélxica (2), Austria (2), Brasil (2), e 1 proxecto por cada un dos seguintes países: China, Cuba, Holanda, India, Taiwán, Singapur, Polonia, Porto Rico, Romanía e Sudáfrica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario