A mestra de pintura Paula Mariño fainos chegar esta foto do concerto realizado no marco do V Encontro de Arte e Natureza, en Camelle, o día 14 de maio pola cantante, arpista e compositora Marta Quintana, presentando o seu primeiro traballo en solitario chamado Amable.
Esta artista nacida en Vigo, formouse como arpista (arpa celta) en la Emao de Vigo, baixo a dirección de Rodrigo Romaní, que segue sendo o seu profesor na e-Trad viguesa. Marta tamén foi parte de formacións vocais como o Orfeon Terra a Nosa, do Coro Universitario da USC e da Camerata AdLibitum así como do duo, xunto con Clara Pino, Sete Saias, co que realizou un traballo discográfico no 2006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario