27 de xul. de 2011

PRESENCIA GALEGA NA SEMANA NEGRA DE XIXÓN

Autor do cartel Miguelanxo Prado

A literatura e a banda deseñada representan a Galicia na Semana Negra de Xixón. Diego Ameixeiras e Manolo Rivas pola banda da literatura e Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Fernando Iglesias Kohell e Kiko da Silva desde o campo da banda deseñada compoñen o groso da presenza galega na Semana Negra de Xixón. Mentres Rivas, finalista no premio Hammett de Novela negra con "Todo é silencio", e mais Ameixeiras presentarán os seus últimos traballos, Prado realizou o cartel do coñecido festival cultural e os demais autores colaboraron con diferentes historias na publicación do encontro, "La Frontera". Pola súa banda, o xurado do premio Serie B de poesía acordou no marco do festival outorgarlle este galardón á galega Estíbaliz Espinosa polo seu poemario "Proceso a la carne humana". (Cultura galega.org)

Ningún comentario:

Publicar un comentario