19 de out. de 2011

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA. DOAZÓN DA BIBLIOTECA DE FRANCISCO MANTECÓN



Últimos días para visitar no MARCO a exposición bibliográfica: Doazón da Biblioteca de Francisco Mantecón. Para esta exposición bibliográfica, na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO realizouse unha coidada selección dos fondos máis destacados da biblioteca de Francisco Mantecón, que inclúen catálogos de Bienais xa descatalogados, libros sobre teoría social da arte, e publicacións específicas sobre deseño gráfico. Despois do labor de catalogación e arquivo, todos os fondos que conforman esta biblioteca están a disposición dos usuarios na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO.
Francisco Mantecón Rodríguez (Vigo, 1948-2001) é un referente indiscutible no mundo da plástica e o deseño gráfico en Galicia. A súa traxectoria como artista inclúe numerosas exposicións individuais e colectivas, desenvolvendo unha intensa actividade docente e creativa. Formou parte do grupo "Atlántica" dende os seus inicios, e doutros movementos vangardistas. Cada ano, as bodegas Terras Gauda convocan o Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario que leva o seu nome, ao que acuden artistas de todo o mundo.

  • Lugar: Marco. Museo de Arte Contemporánea
  • Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 15.00.
  • Datas: Ata ó 21/10/2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario