O 13 de novembro de 2011, o MARCO cumpre nove anos dende a súa apertura ao público a finais de 2002. Con motivo desta celebración, o Museo prepara unha programación especial que se desenvolverá ao longo de nove días, con especial atención á fin de semana do 11, 12 e 13 de novembro. A festa do 9º aniversario contará cun completo programa de actividades para distintos públicos. Un ano máis, o Museo ampliará os seus horarios para ofrecer, na noite-madrugada do sábado ao domingo, diversas actividades en salas e no espazo do MARCO restaurante & café.
Ningún comentario:
Publicar un comentario