A animación galega segue a ser un referente no audiovisual. A XXVI edición dos Goya ten entre os seus finalistas tres títulos galegos deste xénero: un na categoría de curtametraxe, Birdboy (que tamén foi preseleccionado para os Óscars) e dous títulos na de longametraxe deste xénero (Engurras e O mago dubidoso). Canda o resto das producións, destaca outro nome galego, o de Luís Tosar, que opta a conseguir a súa cuarta estatuíña con Mentras durmes, producida pola empresa do galego Julio Fernández, Filmax.
Ningún comentario:
Publicar un comentario