Ao redor dunha ducia de mozos creadores aspiran a gañar o Primeiro Concurso PTL Recicla, un certame convocado polo Parque Tecnolóxico e Loxístico que trata de conxugar o deseño e a moda coa reciclaxe e aproveitamento de materiais de refugallo procedentes das empresas alí instaladas. A idea foi de Bernardino Pereira, que traballou duro, de xeito conxunto coa directora de Goymar Vigo, Mar Ciorraga, para facela realidade. Coa inauguración da mostra de modelos, o certame viviu as primeiras xornadas de nervios por parte dos participantes, todos eles alumnos de Goymar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario