O labor de
recollida de campo e estudo sobre a indumentaria da vila de Muros,
realizado polo Grupo Etnográfico das Mariñas, achégase ao público a
través desta mostra que intenta amosar todo o esplendor do traxe
tradicional dunha área que, a través da literatura, chegou a se
converter en paradigma do traxe galego.
A mostra é froito dun traballo de recollida de campo in situ,
e está integrada por pezas e recreacións fidedignas de traxes de loito,
de levar a cote, de festa e cerimonia, xunto con fotografías familiares
cedidas polas casas, que datan entre mediados do século XIX a máis
antiga ata os anos vinte do século pasado, onde podemos ver e apreciar o
traxe en todo o seu esplendor. Todo un extenso e rigoroso labor que
está recollido no libro O Traxe Muradán.
Lugar: Museo do Pobo Galego
O horario é o seguinte:
De martes a sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20.
Domingo de de 11 a 14 horas
Luns pechado
Ningún comentario:
Publicar un comentario