A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o II Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura,
no que cen creadores terán a oportunidade de dar a coñecer os seus
traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante seis días de
convivencia e intercambio de coñecemento e ideas con outros axentes
culturais. Dirixido a mozos nacidos entre 1977 e 1994 (ambos inclusive),
o II Encontro de Artistas Novos terá lugar do 9 ao 14
de setembro e poderán optar a unha praza estudantes e licenciados en
Belas Artes ou afíns e todos aqueles que demostren ter unha traxectoria
ou proxecto artístico.
A Cidade da Cultura converterase, do 9 ao 14 de setembro, en escenario
de intercambio onde reflexionar sobre aspectos esenciais da creación
artística contemporánea e outros máis concretos e relacionados coa
construción dunha obra e a súa proxección no mundo real. Ao longo das seis xornadas de convivencia, os participantes, ademais de
coñecer polo miúdo o complexo do Gaiás, realizarán visitas ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) e ao Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa Gas Natural da Coruña (MACUF). Poden optar a unha praza todos aqueles profesionais nacidos entre 1977 e
1994 e que non participaran na primeira edición. A convocatoria está
dirixida tanto a estudantes e licenciados en Belas Artes e afíns como a
todos aqueles que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico. A
solicitude deberá efectuarse antes das 15:00 horas do venres 29 de xuño
xunto coa documentación requirida. Máis información
Ningún comentario:
Publicar un comentario