8 de xuño de 2012

A ASOCIACIÓN XISTRA REUNE EN VIGO GAITEIROS DE TODA EUROPA

Os gaiteiros na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo

Gaiteiros da Bretaña, Suabia (Alemaña), Rumanía, Cerdeña, Languedoc, Baleares e Croacia participan entre hoxe xoves 7 e o domingo 10 de xuño no evento "Galicia nas Terras da Gaita", coa que a Asociación Gaiteiros da Xistra conmemora 30 anos de existencia da entidade. As xornadas desenvolveranse en colexios, conservatorios, escolas de música e asociacións, pero un dos puntos fortes será o festival que se celebrará o sábado en Vigo, onde participarán os grupos internacionais convidados. Programa

Butnaru Aurelian, gaiteiro rumano na visita hoxe á EMAO
Despois dunha recepción por parte da dirección da EMAO, en representación do Alcalde e da Presidenta do Organismo Autónomo, esta delegación internacional, visitou os obradoiros de CAIM (Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais) Gaita, Zanfona e Luthería antiga, e as aulas da e-Trad, no centenario edificio da nosa Escola. Aquí recibiron as explicacións dos mestres das dúas Escolas, e interesáronse vivamente polos procesos e métodos de aprendizaxe artesano e musical que se desenvolven nas nosas instalacións, quedando moi solprendidos polo nivel acadado.
No obradoiro de Gaita e Zanfona poidemos escoitar os sons antigos dun gaiteiro popular rumano que encheu de autenticidade e tradición os muros da EMAO. Na biblioteca, antes de despedirnos desta agradable visita, posou para nós coa vella gaita fabricada por el mesmo.
Máis información...

Ningún comentario:

Publicar un comentario