Foto de Xoán A. Soler |
A Asociación de Ourives de Compostela celebra hoxe sábado unha nova
demostración do proceso de elaboración de diferentes pezas de ourivería
para deleite dos asistentes. O evento ten lugar na Praza do Toural de
Santiago, en horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, e conta
co éxito de visitantes de anteriores edicións. A Asociación Ourives de Compostela quere transmitir a importancia do
tradicional, promocionar o oficio e dar un valor engadido aos produtos. O
feito de sacar os obradoiros á rúa é unha garantía para os clientes
porque observan directamente a actividade dos creadores e comprenden o
esforzo que hai detrás de cada peza, ao tempo que teñen a oportunidade
de adquirir os produtos expostos á venda. Son moitos os profesionais que
traballan a ourivería e a talla do acibeche, en especial en Santiago,
dentro do estilo tradicional pero tamén empregando este material en
deseños modernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario