15 de out. de 2012

"TEA ARTISTS": 2ª Tempada de Actividade de FAC Peregrina

 
TEA ARTISTS
12 de outubro – 26 de outubro 2012
Inauguración venres 12 de outubro a partir das 18:30 hs.
 
Comisariada por Violeta Janeiro Alfageme, coa colaboración do fotógrafo Xepo W.S. (Dénia 1980), Tea Artists crea unha conexión inédita Shanghai - A Peregrina feita para coñecer a realidade histórica e actual das condicións de produción dun grupo de artistas chineses.
Durante a inauguración, o día 12 de outubro, proxectarase a curtametraxe Whose Utopía (20′) da fotógrafa Cao Fei (China, 1978).
Os venres 19 e 26 de outubro terán lugar no FAC Peregrina dúas sesións de contextualización cultural da realidade artística chinesa conducidas por Álvaro Otero González, membro do colectivo Proxecto Derriba, nas que se presentarán os filmes Bumming in Beijing (70′) do director Wu Wenguang (1990) e Frozen (90′) do director Wang Xiaoshuai (1997).

Ningún comentario:

Publicar un comentario