É un proxecto destinado a apoiar ás alumnas que terminan os seus estudos de grao e posgrao na Universidade de Vigo e que empezan a súa andaina no espazo profesional. O obxectivo do proxecto é buscar novas redes de difusión para dar visibilidade aos seus traballos. Está promovido pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e comisariado polas profesoras da Facultade de Belas Artes Mar Caldas e Almudena Fernández Fariña.
Esta segunda edición do proxecto conta con tres accións: unha
exposición na fachada da biblioteca do Campus de Ourense (Belén Naveira,
Cynthia Alfonso Barreiro, Irene Saíñas, María Prada, Nuria Bouzas
Loureiro e Sabela R. Zamudio), unha edición de postais distirbudías
polos vestíbulos dos edificios máis transitados da universidade e unha
publicación que recolle documentación e obra das accións anteriores.
Este volume enviarase a axentes culturais do ámbito do comisariado, da
crítica, da dirección de institucións artísticas e a institucións
culturais, galerías e centros de arte contemporánea do estado español e
do estranxeiro. Máis información...
Ningún comentario:
Publicar un comentario