Mañá, sábado,
24 de novembro, é o aniversario dun dos nosos máis destacados escultores
galegos contemporáneos, Silverio Rivas, son 70 anos dunha vida dedicada á creación artística.
Como antigo alumno da nosa Escola queremos dedicarlle unha pequena homenaxe
facendo unha breve descrición sobre a súa traxectoria profesional e resaltar tamén
a súa cordialidade no trato persoal que se pon de manifesto sempre que un grupo
de alumnos visítalle no seu taller, onde son acollidos con amabilidade polo escultor e pola súa dona Odile.
Con 14 anos el máis os seus irmáns acoden á Escola de Artes e Oficios en
horario nocturno, logo de traballar no taller familiar. Aquí Silverio recibe
clases de debuxo ornamental, modelado, baleirado e talla en pedra. Parecíalle
máxico sacar unha imaxe a través dun bloque ou dun tronco e decantouse pola
escultura. Algúns dous seus mestres foron Carlos Sobrino, Luís Torras e Camilo
Nogueira. Despois continua a súa formación na Escola de Artes Aplicadas e
Oficios Artísticos de Madrid. Durante dous anos traballou no taller do escultor
Francisco Barón.
En 1970 acode á Bienal de Pontevedra. Expón por primeira vez en Galicia
na sala Caixavigo e participa na mostra de Arte Nova de Galicia. Invitado non
curso 1976-77 polo Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, estuda
cerámica e pon e práctica ou proceso de “cerámicas articuladas”. En 1979
estableceuse en París, onde expón a súa obra, tamén expón en Bélxica e Holanda. As súas obras percorren España, chegando ao Reino Unido e Alemaña. Tamén participa en importantes exposicións colectivas.
En 1990 realiza unha obra, de grandes dimensións, para a Praza de América de Vigo, “A Porta do Atlántico” exemplo de sinxeleza de concepto e de plasticidade, tallada directamente en granito de Porriño. A súa obra está presente en Museos de Galicia, noutros museos doutras provincias de España e en importantes coleccións institucionais. En 2010 realiza ou Monumento do Bicentenario, unha escultura construída en aceiro para conmemorar o Bicentenario do nacemento de Vigo como cidade. O artista de Ponteareas opta polo metal para dar luminosidade ao impoñente conxunto.
A obra de Silverio Rivas sorprende pola sinxeleza e
perfección das súas formas, polo equilibrio dos volumes. O escultor traballa o
material (madeira, aceiro, pedra, fibra de vidro...) de tal forma que a
intervención da súa man apenas se perciba, onde "a materia fala por si
mesma". É un artista sempre inconoclasta, geometrizante, con influencia de
Brancusi. Na actualidade ten o seu obradoiro en San Xoán de Páramos, Tui.
Pola súa traxectoria artística e pola súa traxectoria vital, desde a que
foi hai tanto tempo a súa escola, desexámoslle moitas felicidades. Parabéns
Silverio!!!
|
23 de nov. de 2012
O 70 Aniversario do Escultor Galego Silverio Rivas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario