Onte, 23 de xaneiro, foi o 120 aniversario do pasamento de José Zorrilla (1817-1893), mundialmente famoso pola súa versión de "Don Juan Tenorio", o poeta e dramaturgo español, deixou tamén un amplo legado lírico e de poesía non dramática, como a reunida nas súas "Lendas e tradicións". No fondo histórico da nosa biblioteca temos alguhnas das súas obras: A lenda do Cid (a edición de 1892), Ecos das montañas (edición de 1894), Poesías (edición de 1894)... Nas fotos "As lendas de D. José Zorrilla" edición de Manuel Pedro Delgado. Madrid, 1901, 1901. Encadernación en medio pergamino e tea editorial orixinal con gofrados e dourados en tapas e lomera. Publicada baixo a dirección artística de Don José Ramón Mélida. Ilustrada por Ferrant, Jimenez Aranda, Maura, Mélida, Pla, Sala, Simonet, Sorolla, Unceta, Urrabieta Vierge. Cun prólogo de d. Jacinto Octavio Picón. Reproducións en cor de C. Angerer e Goeschl, Tiradas en cor de A. Lahure. Reproducións en plancha de cobre de P. Dujardin. Fotograbados en Zinc de Laporta irmáns. Litografias de Julián Palacios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario