Moitas obras de gran calidade literaria, que nacen no anonimato, acaban perdéndose por falta de apoio institucional, escaseza de recursos propios, etc. Ante esta perspectiva a Asociación de Estudos Universitarios pretende servir de dinamizador e xerar apoios para facer realidade a publicación dunha gran parte das obras presentadas a este certamen.
Con iso pretenden tamén facilitar as posibilidades de publicación a autores noveis e afeccionados entregados a esta arte literaria e a todas as persoas que desenvolven unha actividade cultural a través deste campo da literatura.
Apostan, polo tanto, por un certame que permita facer realidade non só a publicación literaria senón tamén a difusión de novos valores para que as figuras emerxentes da literatura poidan ver os seus traballos publicados mediante un modelo de estreita colaboración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario