5 de abr. de 2013

Entrega do I Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo



O acto de entrega do I Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas terá lugar o vindeiro martes, 9 de abril ás 17.30 horas na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). Contarase coa presenza da Concelleira de Igualdade dona Isaura Abelairas. O Premio de MIcrorrelatos Mulleres Progresistas está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.  
O Xurado do I Premio de Microrelatos Mulleres Progresistas de Vigo, decidiu deixar deserto o 1º Premio, e outorgar o 2º Premio, ao microrrelato "A cerna" de Olalla López Barro, e o 3º Premio, ao microrrelato "A travesía" de Mónica Bar Cendón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario