A Cidade da Cultura converterase por terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores novos terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecemento e ideas con outros axentes culturais. Será no III Encontro de Artistas Novos que se celebrará na Biblioteca e Arquivo de Galicia do 09 ao 13 de setembro.
Coordinado por Rafael Doctor, o Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers.
O Encontro de Artistas Novos celebra un Foro Aberto no que todos os participantes terán a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Como novidade desta edición, a Cidade da Cultura de Galicia abre a posibilidade de que algún dos participantes sexan elixidos para realizar unha intervención artística nas Torres Hedjuk do complexo, seguindo a estela de artistas xa consolidados como Pamen Pereira ou Ramón Conde, que xa fixeron desta infraestrutura un lugar dedicado á arte e á creatividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario