Onte, na hemeroteca da nosa escola, puidemos gozar dunha interesantísima
conferencia a cargo de Beatriz De San Ildefonso Rodríguez, conservadora
do Museo de Pontevedra, titulada "O contexto artístico de Emilio
Fernández Rodal: as claves da súa pintura". O
Acto contou tamén coa intervención de José Luís Mateo Álvarez, comisario
da primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Fernández Rodal en Vigo desde ou seu finamento non ano 1972. Esta exposición pódese visitar na sala de exposicións da Escola de
Artes e Oficios, Espazo Emao, ata o 6 de xuño, de luns a venres, de 19 a
21 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario