O pasado mércores tivemos a sorte de recibir na nosa centenaria escola a visita de Nelson Gómez Callejas, artista e artesán colombiano que compartió con nós a súa visión dun traballo con moita tradición, o Guadamecil, que no seu caso, é o medio no que expresar a súa arte.
O guadamecil é unha técnica antiga de traballo artesanal e artístico
sobre a pel de animal, o coiro, que se caracterizaba pola o aplicación
nesta pel curtida, dunha fina lámina de prata ou de ouro como capa de
preparación, para pintar, modelar, incisar, ferretear, repuxar, gravar,
gofrar ou policromar de forma duradera a pel. A pel dourada, é dicir,
prateada e dourada con corladura, era a base do guadamecil.
Na
actualidade co desenvolvemento da industria química e a influencia da
cultura latinoamericana, o guadamecil tomou novas características
técnicas e conceptuais, é o guadamecil contemporáneo, do que Nelson é un
autentico mestre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario