3 de xuño de 2013

O Resumo das Actividades Relacionadas coa Mostra "O Pergamiño e As Miniaturas na Idade Media"


O pasado venres, 31 de maio, o profesor José Antonio Puras Hernández deu unha charla moi interesante sobre como durante a Idade Media utilizáronse manuscritos e códices que tiñan como base o pergamiño, como era o seu modo de elaboración, que instrumentos se utilizaban para escribir sobre el, as tintas coas que escribían, como se elaboraban, as tarefas dun copista, etc. Máis imaxes...


Anteriormente tivera lugar na Sala de Lectura, unha proba caligráfica, onde algúns alumnos de encadernación artística, puideron experimentar a obtención de tinta mesturando feluxe, goma arábiga e auga destilada, a dificultade de escribir utilizando o cálamo e a pluma dunha ave nesta ocasión de pavo.


Estas actividades están en relación coa mostra "O Pergamiño e as Miniaturas na Idade Media"  que esta semana pasada estivo exposta na hemeroteca e que foi visitada pola maioría dos alumnos da Escola. Aquí tedes un pequeno resumo...


Ningún comentario:

Publicar un comentario