4 de xul. de 2013

Entrega de diplomas fin de estudos na EMAO 2012-2013

Na Sala de Exposicións da nosa Escola --libre ata o día 18 no que inauguraremos a exposición Branco e Negro, co proxecto expositivo 2012-2013 das especialidades da EMAO-- tivo lugar o acto de entrega de diplomas de fin de estudos do alumnado que neste curso rematou as ensinanzas de cadansúa especialidade.
Asistiron ao acto o Alcalde da cidade D. Abel Caballero, a primeira tenente de alcalde Dna. Carmela Silva e o concelleiro delegado de Educación e Presidente do organismo autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios, D. Santos Héctor Rodríguez, así como o profesorado, bibliotecaria, xefe de estudos, director e demais persoal da EMAO.
O acto deu comezo coa interpretación dunha peza clásica e dúas populares por parta de alumnas da clase de clarinete da Escola Municipal de Música de Vigo, baixo a dirección e o acompañamento na interpretacióm do seu profesor e director da EMMV, Óscar Prieto.
Tralo preludio musical, tomou a  palabra o Alcalde de Vigo que salientou a importancia do acto e o firme compromiso do Concello que preside coa Escola de Artes, poñendo o acento na súa aportación á historia do desenvolvemento educativo e cultural da nosa cidade e o privilexio de contar cun edificio que forma parte do máis importante patrimonio histórico arquitectónico de Vigo.
Trala chamada individual a cada un dos egresados por parte dos mestres de cada especialidade e a entrega persoal dos diplomas polo Alcalde, rematou o acto, coas fotos de rigor.











Ningún comentario:

Publicar un comentario