17 de xul. de 2013

Os Preparativos da Exposición "Branco e Negro" no Espazo Emao, 1

Este xoves, 18 de xullo, inaugúrase a exposición "Branco e Negro" estes días estase traballando moito para que todo este preparado, aquí tedes algunhas imaxes do proceso.








Dentro da súa programación anual, a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), promove, organiza e produce a edición do seu proxecto expositivo de fin de curso, baixo a denominación de Branco e Negro. Unha exposición do seu alumnado, coa que se quere amosar á cidade o traballo realizado durante o curso 2012-2013 a partir dun tema xerador común, o que dá título á mostra, ao redor do cal elaboraron as propostas artísticas e artesanas os distintos obradoiros que compoñen a Escola.
Non se trata dunha mera exposición fin de curso, senón dun proxecto común inserido no mundo da arte e a artesanía contemporánea, concebido e deseñado baixo criterios da maior profesionalidade. Os proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí, como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.

Lugar: Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado)
Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario