8 de out. de 2013

O Escaparate : un Espazo Expositivo no Centro de Artesanía Tradicional (CAT)


A Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo ofrece un espazo expositivo no Centro de Artesanía Tradicional (CAT) baixo o nome de O Escaparate. A convocatoria está dirixida ao colectivo artesán e remata o día 20 de outubro de 2013.
As persoas interesadas en participar deben facer chegar un dossier no que se recolla a súa traxectoria profesional e o traballo que realizan.

Entrega do dossier:
- No Museo Liste, rúa Pastora nº 22, Vigo, en horario de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
- Tamén no enderezo electrónico recepcion@museoliste.com

Para máis información:
Teléfono 986 244 698 / recepcion@museoliste.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario