A Festa da Reconquista en Vigo rememora a participación da cidade na
Guerra da Independencia española, e conmemora a retirada dos franceses
tras dominar a cidade a comezos do século XIX. O 28 de Marzo de 1809, un
alzamiento popular permitiu recuperar Vigo da ocupación das tropas
napoleónicas. Este fito histórico, que os vigueses conmemoran coa A
Reconquista, deulle a Vigo o título de cidade, un paso no
desenvolvemento histórico e social de Vigo. Para os exércitos de Napoleón, foi a primeira ocasión na historia en que debían retirarse dunha praza conquistada en Europa.
A continuación tedes unha pequena selección de publicacións
referentes a estes acontecementos que se conservan na nosa biblioteca,
algunhas pertencen ao fondo histórico e outras son publicacións máis
recentes. Bibliografía. Pdf.
Ningún comentario:
Publicar un comentario