O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) inaugura o 21 de marzo a exposición "Auga Doce", unha gran exposición formada por 700 obras na que
mestres da arte de todos os tempos réndenlle homenaxe a un elemento
crave na identidade galega, a auga doce.
O país dos mil ríos, de néboas literarias e nubes reais, de eternas
borrascas e paisaxes húmidas... Galicia é auga doce. Un elemento crave da
súa identidade e, ao mesmo tempo, tantas veces esquecido no seu universo
cultural trala poderosa presenza do Atlántico. Desta realidade nace
esta exposición multidisciplinar que invita a contemplar a auga a través
da mirada prestada dos artistas e redescubrir a súa beleza infinita e
universal.
Pinturas, esculturas, fotografías, vídeos e instalación van da man de
enxeños científicos, avances tecnolóxicos e obxectos etnográficos. Un
total de 700 obras que mergullan ao visitante nunha intensa experiencia
estética a través de grandes nomes da creación contemporánea, como David
Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino
ou Chema Madoz, e de mestres clásicos da talla de Piranesi, John
Constable, Henry Lewis ou Audubon.
El
Museo Centro Gaiás de la Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
presenta 'Auga Doce', una gran exposición formada por 700 obras en la
que maestros del arte de todos los tiempos le rinden homenaje a un
elemento clave en la identidad gallega, el agua dulce. - See more at:
http://www.hoyesarte.com/evento/2014/03/auga-doce/#sthash.vef2ajvm.dpuf
Primeira semana, entrada gratuita: do venres 21 de marzo desde as 16.00 h ata o domingo, 30 de marzo (luns, pechado)
Ningún comentario:
Publicar un comentario