El lago de los cisnes
de
Fermín Jiménez Landana
Galería Bacelos (c\ Progreso, 3, Vigo. 36202)
13 marzo - 30 junio 2014
Na sala soa "El lago de los cisnes" e non hai, agás que o chan está cuberto de
papel de lija. Un material abrasivo que non impide o movemento pero
convérteo en algo raro. O que cambia é a textura do paso, do camiñar,
sen forma nin apenas cor; un mosaico de distintos tons de lija, do negro
ao ocre pasando polo verde escuro. Un artilugio, a lija, que vén das
artes útiles, da ferretería da esquina, do manual, o que dá forma ou dá
textura polo menos, púe, abrillanta. Hai unha posibilidade implícita de
cambio formal pero non hai obxectos que transformar.
No "Lago dos cisnes" non se ensina nada, ocorren cousas. Hai unha
dimensión temporal. É necesaria a presenza física de persoas que se
despracen polo espazo, que anden. Moitos dos traballos de Fermín teñen
que ver co camiñar e coa gravidade, coa simple física, que nos atrae ao
chan e provoca o rozamento diario
Ningún comentario:
Publicar un comentario