Esta
mañá, ás 12 h, tivo lugar na hemeroteca de EMAO unha rolda de prensa co
gallo da presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, estiveron
presentes no acto: O concelleiro de Distritos, Parques e Xardíns,
Limpeza e Comercio de Vigo, Anxo Rivas González; o alcalde de Camariñas,
Manuel Alonso de León; a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua; a
xefa do departamento de Textil, Confección
e Pel do CIFP Manuel Antonio, Nuria San Bruno; a directora da Escola
Superior de Deseño Goymar en Vigo e directora do Centro Superior
Autorizado de Artes Plásticas ao Deseño de Indumentaria Tex- Moda, María
del Mar Ciorraga e a directora do Centro de Formación en Deseño de Moda
Pin Factory, Beatriz Novas. O acto foi presentado por Marcela Riera de RDF Xestión de Medios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario