A obra titulada "Ícaro", do ilustrador Federico Delicado, foi
distinguida co VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado,
dotado con 9.000 euros e a súa publicación nas cinco linguas
peninsulares o próximo mes de outubro. Trátase dun texto "moi
contemporáneo", segundo o xurado, que o definiu como un traballo "para
pensar e sentir" pola súa capacidade para "espertar as conciencias,
sendo provocador e esperanzador á vez".
Ao VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse
255 traballos dunha "alta calidade", procedentes de 21 países. Ademais de acordar por maioría que "Ícaro" sexa a obra ganadora, o
xurado declarou finalista o álbum titulado "Sonho com asas", das
portuguesas Fátima Afonso e María Teresa Martinho Marques, de Setúbal e
Azeitao, respectivamente. Pola súa calidade, o xurado recomendou a edición de "Antoni Gaudí", de
Dàlia Adillón Mars, da localidade barcelonesa de Vic; "Pescadoras", de
Nadia Graciela Menotti Ayala, de Bos Aires; e "Máquina Balea", de
Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos, de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario