Onte, venres 7 de novembro, tivo lugar a inauguración da exposición "Proxectos 2014", o evento contou coa presenza do Alcalde da cidade, Abel Caballero e da presidenta da Xunta Reitora da EMAO, Olga Alonso, ademáis de numeroso público. O Acto comezou e rematou coa deliciosa actuación de Su Garrido Pombo, alumna de serigrafía artística.
Na presente
exposición, producida integramente pola EMAO, preséntanse algúns dos
proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso
2012-2013 e que, ao longo deste curso pasado, materializaron a súa
proposta inicial, man a man co seu titor/a.
Do proceso
proxectual, recóllense aquí os resultados, os produtos creativos ou
artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da
experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos
seus estudos.
Produción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) 2014
Montaxe:
Mestres/as da EMAO de Pintura, Debuxo, Escultura e talla en madeira,
Serigrafía Artística, Moda e Confección, Artesanía en coiro e Cerámica
artística.
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Comisariado: Marian Núñez e Alba Pardo
Datas: do 7 de novembro de 2014 ao 8 de xaneiro de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Lugar: Espazo EMAO (entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario