23 de abr. de 2015

23 de Abril "Día Internacional do Libro"


A celebración do día do libro remóntase a principios de século. A historia do libro faise festiva e xorden actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de Abril celébrase en todo o mundo, o día do libro internacional.
A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron " ou morreron " outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escolleita pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. Máis información...
A biblioteca da EMAO para celebrar este día, libera uns catálogos relacionados con diferentes disciplinas. Estos estarán a disposicións dos alumnos/as desde ás 9:00 da mañá na entrada da Escola. Feliz Día do Libro a todos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario