O vindeiro venres, 15 de
maio ás 19:00 h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios terá lugar a
proxección "ISLAS, NÁUFRAGOS INVISIBLES" de Miguel Núñez.
Fotógrafo
profesional, diplomado en imaxe e son, traballou en varios medios de
comunicación coma Faro de Vigo, 20 minutos e Qué!, ademais de colaborar
en distintas publicacións e medios dixitais.
Paralelo a isto desenvolve o seu traballo artístico, en moitas ocasións dende a perspectiva do
fotoperiodismo, e noutras creando un fantástico universo de imaxes que
nos falan da melancolía, a soidade, o amor, a desesperación, o EU,
dende un discurso plástico moi personal.
O
que nesta ocasión nos vai mostrar é o seu traballo "Islas, náufragos
invisibles" (obra seleccionada na bienal internacional de Vilanova de Cerveira, nesta edición 2015) unha montaxe de imaxe e son, na que propón
unha reflexión sobre o sinxelo que pode ser estar á marxe da sociedade,
ou ser invisibles. El cóntanos: "Todos somos islas, todos naufragamos,
algunos se hunden porque no tienen donde agarrarse. La sociedad no
tolera a los que no han logrado salvarse, la sociedad los esconde, los
hace invisibles".
A
obra "Islas, náufragos invisibles" é un traballo plástico de
investigación excepcional, no que se tratan temas duros como o das
persoas que viven nas marxes da sociedade, ás veces por elección e
outras por unha obriga dende unha estética do
respecto, devolvéndolle a través das súas imaxes a dignidade que moitas
veces lles foi arrebatada. Entre estas imaxes aparece a de Carlos Montoro "O Gringo", falecido a pasada semana, ao que Miguel lle dedicou
una homenaxe póstuma, que podedes ollar neste enlace.
Esperámosvos!!!
Esperámosvos!!!
Texto: Rosa García, mestra de talla e escultura en madeira da EMAO
Ningún comentario:
Publicar un comentario