A Lenda de Montelongo |
O Colectivo Pertenza organiza a palestra "Zarzuela Galega vs. Zarzuela de Costumes Galegas" para o mañá martes, dia 19 de maio, ás 19,30, na nosa biblioteca.
A pesar da
consideración inicial de que zarzuela de temática galega e zarzuela
galega só se diferencian no idioma empregado, en realidade trátase de
dous xéneros diferentes no que respecta ao idioma, decorados,
participantes, escenografía. Aínda así, é ben certo que ambas tipoloxías
estiveron cargadas ideoloxicamente polas políticas nacionalistas ou
centralistas, propias de distintas épocas. Esta conferencia presenta as
características de cada xénero ilustradas cun bo número de obras
recuperadas polo poñente, Javier Jurado Luque.
Javier Jurado
(Córdoba, 1961) é Titulado Superior en Música, Licenciado en Historia e
Ciencias da Música e Doutor pola Universidade de A Coruña. Pertence ao
“Consejo Científico Internacional” da revista “Música y Educación”, e director da revista de Etnomusicoloxía “Etno-Folk”, así como da editorial “Dos Acordes”.
Dedicado profesionalmente a docencia, imparte aulas no Conservatorio
Superior de Música de Vigo así como no Máster de Teatro e Artes
Escénicas da Universidade de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario