22 de xuño de 2015

Imaxes da Visita de José Mª Bernardo a EMAO

A semana pasada aproveitando a visita a España do artista arxentino, afincado en México, José Mª Bernardo Sappia, a Aula de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios, co seu mestre Pepe Pereira, invitouno a presentar a súa obra nunha exposición exprés na Biblioteca desta Centro educativo e a impartir unha clase maxistral e unha mesa redonda para o alumnado desta especialidade. Estas actividades desenvolvéronse os días 17, 18 e 19 de xuño. Ademais dos alumnos/as estas actividades contaron coa presenza doutros destacados artesanos do coiro como Franklin Pereira, Ana Caldas, Nelson Gómez Calleja, José Villar, Juan Ruiz, Isaac Romero, etc.

Aqui tedes un pequeno resumo en imaxes...


Ningún comentario:

Publicar un comentario