3 de xuño de 2015

O Artesán do Coiro Tim Swainson Visita a EMAO



Este venres, 5 de xuño de 2015,  teremos a oportunidade de coñecer a Tim Swainson,  membro da Association of New Zealand Leather Artisans, será na hemeroteca onde nos explicará o seu traballo, os motivos da súa viaxe por Europa e realizará unha pequena demostración da súa técnica.  
Actividade coordinada polo mestre da especialidade Artesanía do Coiro, Pepe Pereira.
Lugar: Biblioteca da EMAO (Avenida García Barbón 5. Vigo)
Data: 5 de Xuño de 2015
Horario: 17:00 Horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario