18 de set. de 2015

“XIII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”


A Deputación de Ourense convoca o “XIII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”, dotado con 3.000 € para as dúas modalidades, un certame que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e xóvenes, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
Ao premio, na súa modalidade de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, cuxa temática será libre pero acaída para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de letra 12 e interliñado 1,5 liñas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario