Onte encontramos esta fermosa imaxe nunha revista do noso fondo histórico, concretamente en "La Ilustración Gallega y Asturiana" T. IV, 1882. Baixo o épigrafe de "Tipos y Costumbres de Asturias" publícase este debuxo de D. J. Cuevas "El Tañedor de Zanfona"
La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha
revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882. O propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria era
dirixida polo intelectual Manuel Murguía e a artística por
José Fernández Cuevas e administrada por Luís Taboada.
Tratábase dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e
castelán.
O primeiro número, cos dous primeiros títulos, publicouse o 15 de xuño
de 1878. O 10 de xaneiro de 1879 apareceu co título La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidad quincenal a decenal. Máis
tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración
Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.
Na nosa biblioteca conservamos encadernados todos os exemplares desta publicación.
Na nosa biblioteca conservamos encadernados todos os exemplares desta publicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario