9 de dec. de 2015

Conversa co artesán do coiro Toni Reyes na Hemeroteca da EMAO

Mañán xoves recibiremos a visita na Escola de Artes e Oficios de Vigo do artesán do coiro, asentado en Ibiza, Tony Reyes; con tal motivo manteremos con el unha conversa na Hemeroteca da Escola, a partir das 18.00 horas.

Este artesán do coiro e dos metais leva traballando máis de trinta anos na illa e goza de gran prestixio no oficio. Os seus traballos foron parte da exposición "Coiro... aínda que non o pareza" que se celebrou en febreiro e marzo no Espazo EMAO.

Podedes coñecer máis sobre Tony Reyes no seu perfil de Facebook  ou no video que enlazamos.

Lugar: Hemeroteca da EMAO
Data: Xoves 10 de decembro de 2015
Hora: 18.00

Entrada restrinxida ao alumnado da Especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO



The Leather Artisan: TONI REYES. from The TENS on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario