Dentro das previsións do novo
Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, convócase o
curso monográfico Xoiaría creativa con materiais cotiáns, atopados e de
reciclaxe, que impartirá a mestra da especialidade de Ourivaría da Escola,
Sandra de Jesús. Enfocado á experimentación e
aplicación de materiais non tradicionais na creación en ourivaría, e a percurar
novas e actuais propostas creativas, acordes coa xoiaría e orfebrería
contemporánea, para encamiñarse cara ao traballo de autor.
Programa:
- Introdución histórica e artística.
- Os materiais e as súas posibilidades.
- Deseño e fabricación de pezas que combinen o traballo en metal con estes materiais.
- Execución, fixación e acabados.
Datas: 8 de abril ao 10 de xuño de 2016 en sesións de 3 horas os venres de 18:00 a 21:00. Total 30 horas.
Destinatarios: Persoas que teñan coñecementos básicos das técnicas de ourivaría. Terán prioridade as persoas que remataran a especialidade de Ourivaría na EMAO. Non poderá inscribirse alumnado que actualmente estea matriculado en calquera das especialidades da Escola. Máximo 15 prazas.
Inscripción: ata o 5 de abril. Gratuíta mediante envío de correo electrónico a emao@vigo.org cos seguintes datos:
- Asunto: Curso Xoiaría creativa
- Nome e apelidos solicitante:
- DNI:
- Anos nos que cursou a especialidade na EMAO
A inscripción realizarase por estricta orde de recepción do correo (coa prioridada indicada), sempre que se cumpran coas condicións citadas. A confirmación realizarase pola EMAO por e-mail.
Ningún comentario:
Publicar un comentario