Presentación na hemeroteca |
O xoves pasado recibimos a visita dun grupo de 25 mulleres da Asociación Veciñal de Beade que están a recibir un curso sobre historia e arte "Coñece Vigo a través da súa historia e da súa arte" dentro do programa da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo "Ser muller é unha boa idea", viñan acompañadas pola súa profesora Puri Pérez González que tivo a deferencia de incluir a visita á nosa Escola no seu programa. Visitaron a biblioteca e as aulas de debuxo, serigrafía artística e cerámica artística. Esperamos que a visita fose de voso agrado. Aquí tedes algunhas fotos... xentileza de Puri Pérez González.
Na aula de debuxo co mestre Federico Fernández |
No obradoiro de serigrafía coa mestra Alba Pardo |
Obradoiro de cerámica |
O mestre de cerámica Miguel Vázquez |
Ningún comentario:
Publicar un comentario