Foto de Iago Pastoriza |
A
nosa hemeroteca está presidida por un retrato pintado por Fernando
Pintos en 1961 encargo feito pola Escola non ano 1960. Durante un
tempo tivemos serias dubidas sobre que a persoa retratada fora Nicolás Taboada Leal tal como comentáronnos.
Grazas
ao interese investigador de Javier Rivas Lago que se
entusiasmou desde o principio por resolver o misterio da identidade
do retratado e moi especialmente ao traballo de Pablo López
Rivas, hoxe todas as dubidas están resoltas...
O
autor do retrato tomou como modelo un gravado asinado por Cortés,
inspirado seguramente nunha fotografía de Taboada Leal feita no Estudo Ferrer da Coruña. Este gravado aparece publicado no
Boletín Oficial do Colexio Provincial de Médicos de
Pontevedra de 1 de decembro de
1925, que reproducía unha necroloxía lida polo Dr. Colmeiro no
acto de traslado das cinzas de Sr.
Taboada, celebrado en Vigo uns días antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario